Un horizonte que
respira. Unha Galicia
por descubrir.

Quizais nunca escoitaches falar da Terra Chá. Non aparece nos grandes circuítos nin nas postais máis repetidas de Galicia. E, con todo, no norte de Lugo agárdate un territorio inmenso e sorprendente, disposto a amosarche moito máis do que imaxinas.

Cando chegues, notarás que o tempo vai máis amodo, que a paisaxe se abre sen límites. Camiñarás entre pradeiras infinitas, bosques frondosos, ríos tranquilos, lagoas e humidais cheos de vida. Descubrirás as estrelas nun ceo transparente. Asomaraste a vilas señoriais, gozarás da nosa antiga tradición termal, pasearás por aldeas onde as historias se contan ao carón do lume e atoparaste con recunchos inesperados. E, dende as súas espectaculares alturas, verás como Galicia se espalla diante de ti coma un mar interior que te atrapará para sempre.

Se buscas a Galicia máis auténtica, vén coñecernos!

Natureza, patrimonio, historia… Vén descubrilo!

Rutas, birding, termalismo, festas… e moito máis!

#AgendaTerraCha

Planifica a túa viaxe e descubre todo o que sucede en A Terra Chá: festas, feiras, concertos, rutas e actividades ao aire libre agárdante durante todo o ano.
Sigue o pulso do territorio e atopa novas experiencias que farán única a túa visita.