El mundo desde
las montañas del Xistral

O mundo dende as montañas do Xistral

No corazón montañoso do Xistral, Muras álzase como un refuxio de natureza en estado puro. Entre cumes envoltos en néboa nacen ríos como o Landro, que descenden cara a prados verdes e frondosos bosques autóctonos. Os vestixios de mámoas e castros espallados por todo o territorio lembran un pasado milenario. As súas paisaxes, modeladas polo vento e a néboa, invítante a descubrir con calma un entorno único onde os cabalos pastan en liberdade e o ceo se abre coma unha bóveda de luces infinitas sobre a túa cabeza. Aventúrate en Muras e goza do espectáculo.

Qué ver

O patrimonio de Muras conserva a memoria de séculos de historia gravada na pedra. Nos seus montes agóchanse mámoas, medoñas e castros como os de Xelgaiz, Castrillón ou Paredes, xunto con vestixios de antigos asentamentos que falan de terras habitadas desde o Paleolítico Superior. O pasado medieval de Muras pode
observarse nos restos das antigas casas torre dos séculos XII-XIII, como a de Muras ou a de Silán, que perviven en edificacións posteriores reconvertidas en casas de labranza. O tempo deixou tamén a súa pegada na arquitectura relixiosa, con templos como Santa María da Balsa, de orixe románica, ou as igrexas de Viveiró, San Pedro e San Esteban de Silán, que combinan elementos góticos, barrocos e neoclásicos.

Igrexa de San Pedro de Muras

No corazón de Muras, a igrexa de San Pedro recíbete xunto á Praza da Galeguidade, centro da vida local. Este templo barroco do século XVII conserva unha elegante cruz de prata da mesma época. Ao seu carón, a praza, ampla e coidada, está rodeada de construcións que reflicten o carácter tradicional da vila. Espazo de encontro e convivencia, esta praza resume a esencia tranquila e auténtica de Muras.

Casa Forte de Muras

Aínda que hoxe apenas se albisca nada do que foi aquela antiga casa fortaleza erixida no século XII sobre os restos dun castro primitivo, no lugar da Fraga do Castelo aínda se recoñecen detalles como antigos escudos nobiliarios na fachada dunha das casas. Desde Muras podes chegar camiñando até este recuncho cheo de encanto, onde tamén se atopa a igrexa de Santa María do Burgo, situada nunha pequena praza que antigamente se utilizaba como curro.

Igrexa de Santa María da Balsa

A igrexa románica de Santa María de A Balsa, do século XII, conserva valiosos testemuños da súa orixe, como os canzorros decorados do muro sur e unha porta oxival do século XIII. Na súa fachada destaca tamén unha imaxe pétrea de Santa Bárbara do século XVI. Situada nun entorno de grande beleza, aos pés do Xistral e preto do nacemento do Eume, este templo é unha parada imprescindible na túa viaxe.

Capela de San Antonio da Xestosa

No alto, sobre unha pequena atalaia natural, érguese a capela de San Antonio, unha construción de pedra que é todo un símbolo para A Xestosa. Alí celébrase, desde hai máis dun século, a tradicional romaría de San Antonio, unha das máis arraigadas de Muras. As súas poxas manteñen viva unha costume ancestral: os veciños ofrecen produtos da horta, pan, queixo ou mesmo animais en agradecemento polas colleitas e como desexo de abundancia. A celebración complétase coa ruta a cabalo dos Amigos dos Cabalos Atila, que acompañan a procesión e o xantar popular.

Igrexa de Santa María de Viveiró

A igrexa de Santa María de Viveiró, do século XVIII, presenta dúas naves unidas por arcos de medio punto e unha cuberta a dúas augas. A súa espadana de dous senos e outra lateral máis pequena, coroada por unha cruz de pedra, destacan no conxunto. Ao seu carón, un cruceiro e unha praza restaurada con arquitectura tradicional conforman un recuncho con encanto que ben merece unha visita.

LABC
Legado Activo
de Beiras Cal

No lugar das Aguias atópase a casa familiar de Antía Cal, hoxe convertida na sede do Legado Activo Beiras Cal. O conxunto, formado por varias edificacións que conservan vivo o seu carácter orixinal, acolle exposicións, documentos e fotografías que manteñen presente a memoria do matrimonio Antón Beiras e Antía Cal, dúas figuras clave da investigación, da cultura e da educación en Galicia. Este espazo converte a Muras nun referente cultural e nun exemplo de como o patrimonio pode seguir vivo, inspirando desde o rural. Consulta a súa programación cultural e anímate a descubrilo.

O reino do vento

e dos ríos

En Muras, a natureza amósase na súa forma máis pura e salvaxe. Entre as montañas do Xistral, co seu excepcional e valioso paisaxe de turbeiras onde pastorean en liberdade os cabalos de raza galega e hispano-bretona, os ríos e mananciais descenden polas ladeiras cara a vales cubertos de pradarías e bosques.
O Eume, o Sor e o Landro discorren entre néboas e verdes intensos, nun paisaxe modelado pola auga e polo tempo. Saltos de auga, sendeiros e ladeiras de carballos e castiñeiros fan de Muras un lugar onde a natureza marca o ritmo. Aquí, cada recuncho é testemuña do pulso silencioso da Terra, e adentrarse nel é deixarse levar pola forza do aire e polo fluir da auga.

Fervenza da Xestosa

Área recreativa da Veiga

Un paraíso
para a pesca

Muras é coñecida tamén como a Terra dos Tres Ríos. O Landro, o Eume e o Sor modelan a súa paisaxe e dan vida a un dos ecosistemas fluviais máis valiosos e fermosos de Europa.
Sabías que o Landro, que nace nas ladeiras do Xistral, é un dos poucos ríos galegos onde aínda se pode pescar salmón atlántico, ademais de troitas e reos?

Trail das Bestas,
unha ruta para poñerte a proba

Cada outono, corredores e camiñantes adéntranse nos montes do Xistral nunha cita que une deporte, emoción e territorio en estado puro. O percorrido atravesa ladeiras, pradarías e antigos camiños, guiando a quen busca un reto e, ao mesmo tempo, unha conexión coa natureza máis salvaxe. Se che apaixona o running, participa e achégate a coñecer Muras.

Ruta Rego dos Coruxos

10 Km

Fácil

Ruta A Veiga – Carelle

Destino
Starlight

Muras é un deses lugares onde as estrelas semellan estar ao alcance da man. Recoñecido como Destino Turístico Starlight, este concello ofrece un dos ceos máis limpos e escuros de Galicia, ideais para a observación astronómica e a fotografía nocturna. Lonxe da contaminación luminosa, poderás gozar de noites despexadas nas que a Vía Láctea debuxa con nitidez o seu arco sobre as montañas do Xistral. Participa nalgunha das rutas ou actividades Starlight, apaga as luces e deixa que o silencio e as estrelas te envolvan: poucas experiencias transmiten con tanta forza a maxia natural de Muras.

Cultura,
Festas e
Gastronomía

En Muras, a cultura vívese ao ritmo das tradicións que dan sentido ao territorio. A máis emblemática é a Feira do Poldro, que cada setembro enche o Monte da Gañidoira nunha cita que celebra o vínculo entre o home e o cabalo existente nestas terras desde hai séculos. Na primavera, a Romaxe Artesá da Chaira mantén viva a memoria dos oficios tradicionais con demostracións, obradoiros e música popular, mentres que a Feira do Mel de Montaña, que se celebra no mes de novembro en Viveiró, rende homenaxe ao mel do Xistral e ao traballo dos apicultores locais.
A este espírito únese unha gastronomía auténtica, elaborada con produtos de proximidade e respecto pola terra. En Muras atoparás restaurantes con historia, algúns xa míticos en Galicia, onde o sabor do campo e as receitas tradicionais se converten na mellor forma de celebrar a esencia da Terra Chá

Cultura,
Festas e
Gastronomía

En Muras, a cultura vívese ao ritmo das tradicións que dan sentido ao territorio. A máis emblemática é a Feira do Poldro, que cada setembro enche o Monte da Gañidoira nunha cita que celebra o vínculo entre o home e o cabalo existente nestas terras desde hai séculos. Na primavera, a Romaxe Artesá da Chaira mantén viva a memoria dos oficios tradicionais con demostracións, obradoiros e música popular, mentres que a Feira do Mel de Montaña, que se celebra no mes de novembro en Viveiró, rende homenaxe ao mel do Xistral e ao traballo dos apicultores locais.
A este espírito únese unha gastronomía auténtica, elaborada con produtos de proximidade e respecto pola terra. En Muras atoparás restaurantes con historia, algúns xa míticos en Galicia, onde o sabor do campo e as receitas tradicionais se converten na mellor forma de celebrar a esencia da Terra Chá

Feira do Poldro

Cada cuarto domingo de setembro, o Monte da Gañidoira acolle a Feira do Poldro de Muras, declarada Festa de Interese Turístico Galego. Este encontro celebra a relación ancestral entre Muras e o cabalo, especialmente coa raza autóctona galega, protagonista indiscutible do día. Entre exhibicións e carreiras de andadura, música, artesanía e degustacións de carne de poldro, esta é unha experiencia nun escenario natural único que non podes perder.