Corazón e capital da Terra chá
Corazón e capital da Terra chá
Corazón e capital da Terra chá
Entre ríos, prados e colinas suaves, Vilalba ábreche as portas ao corazón da Terra Chá. A súa capital, que tamén o é de toda a comarca, é unha vila dinámica e acolledora, con vida urbana, restaurantes, hoteis, espazos para gozar ao aire libre e unha activa programación cultural. No pleno centro ergue-se a impoñente Torre dos Andrade, emblema da súa historia e hoxe parte do Parador Nacional. O Camiño Norte de Santiago atravesa tamén a vila, final de etapa para moitos peregrinos que aquí atopan descanso e hospitalidade. O valioso patrimonio histórico de Vilalba e a súa natureza de mananciais, ríos e augas termais marcan a identidade de todo o concello. E a súa gastronomía tamén leva o selo propio desta terra, con produtos emblemáticos como o queixo de San Simón da Costa e os capóns que a fixeron célebre. Ven descubrir o corazón da Terra Chá.
Qué ver
O patrimonio de Vilalba conta a historia dun territorio habitado dende tempos remotos, como amosan os restos atopados no abrigo de Pena Grande, antigo refuxio de cazadores do Paleolítico. A Torre dos Andrade, hoxe convertida en Parador de Turismo, érguese sobre a vila como símbolo do seu pasado medieval. Ao seu arredor, o casco histórico conserva o trazado tradicional de rúas e prazas, xunto a elegantes edificios como a igrexa de Santa María.
Todo o territorio do concello está sementado de fermosos exemplos do seu patrimonio arquitectónico: igrexas, cruceiros, pazos e casas de labranza evocan a vida rural galega, mentres que as escolas habaneiras lembran a pegada da emigración e o vínculo con América. E non deixes de visitar os cemiterios neogóticos da contorna, como os de Goiriz ou San Román, auténticas xoias arquitectónicas que revelan a extraordinaria mestría dos canteiros da zona. Déixate levar pola memoria do tempo e descubre un legado que segue latexando en cada pedra.
Torre dos Andrade
Símbolo de Vilalba, a Torre dos Andrade é o único vestixio que se conserva do antigo castelo amurallado, cuxas orixes se remontan ao século XI. Foi reconstruída no século XV tras as Revoltas Irmandiñas sobre unha base octogonal para reforzar a súa estrutura defensiva. Hoxe, restaurada e integrada no Parador Nacional de Vilalba, continúa dominando a vila como emblema da súa historia e do seu nobre pasado.
Xoias do patrimonio relixioso
Entre os fermosos templos que podes visitar en Vilalba, non deixes de achegarte na capital á igrexa de Santa María, construída no século XIX sobre un antigo templo románico; á igrexa de San Simón da Costa, na parroquia que dá nome ao célebre queixo de San Simón e coñecida como a catedral da Terra Chá pola súa impoñente presenza; e á igrexa de Santa María de Carballido, que conserva un encanto especial co seu campanario exento e o atrio murado.
Refuxio de Pena Grande
O abrigo de Pena Grande, en Santaballa, é o xacemento paleolítico máis importante de Galicia. Baixo este gran afloramento rochoso acamparon grupos de cazadores nómades que aproveitaban o seu abrigo natural para controlar o paso das manadas e sobrevivir nun clima extremo. Forma parte da Ruta Arqueolóxica de Vilalba, un percorrido que conecta enclaves como a Medoña de Estelo, o menhir de Pedra Chantada, os castros de Codesido e Gondaísque ou a necrópole de Roza das Modias.
Liga Santaballesa
Construída a comezos do século XX grazas aos emigrantes vilalbeses en Cuba, a Escola Habanera de Santaballa é un símbolo do vínculo coas súas raíces. No seu interior conserva un pequeno museo que recrea a antiga escola, e xunto a ela un xardín botánico con especies galegas e cubanas. Nas súas proximidades pódese visitar unha recreación dun dolmen e dun poboado castrexo.
Descubre as xoias
da arquitectura
neogótica
Xunto á igrexa parroquial de Santiago de Goiriz, ao pé do Camiño de Santiago, atópase o seu cemiterio de arquitectura neogótica, tan característica da Terra Chá. Declarado Ben de Interese Cultural, os seus pináculos, arcos apuntados e cruces de pedra reflicten a sensibilidade artística e o bo facer dos canteiros locais, entre eles a recoñecida saga dos Carboeira de San Román. En todo o concello poden verse outros exemplos dunha beleza similar, como os de San Román ou San Xoán de Alba.
A natureza en Vilalba desprégase en paisaxes abertos, ríos tranquilos e bosques que convidan ao descanso. O río Madalena, que atravesa a vila, vertebra unha contorna chea de vida coa súa área recreativa e o seu Paseo dos Soños. Un evocador percorrido onde arte e paisaxe se unen a través dun itinerario literario que homenaxea escritores e personaxes ilustres da Terra Chá.
Moi preto, visita a Charca do Alligal, un paraxe termal de augas ferruxinosas que brotan a temperatura constante e se mesturan coa paisaxe entre prados e árbores centenarias. En contraste, o
Toda unha rede de lugares onde a natureza invita a parar e respirar.
Río Madalena o seu paso por Vilalba
Muíño do Rañego
Antigo muíño restaurado como espazo etnográfico á beira do río Madalena. A contorna, acondicionada como área recreativa con mesas e bancos de pedra, invita a gozar do son da auga e da paisaxe. Desde este punto parte tamén a Ruta dos Soños.
Paseo dos Soños
Á beira do río Madalena, en pleno casco urbano de Vilalba, o Paseo dos Soños ofrece un percorrido tranquilo duns 3 km entre pasarelas de madeira, muíños e frondosa vexetación de ribeira. Ao longo do camiño, cada 100 metros, as esculturas do “hectómetro literario” homenaxean escritores e artistas da Terra Chá, convertendo este paseo nun encontro entre natureza e cultura.
O coidado da auga
Na Charca do Alligal, a auga brota tépeda entre as pedras. As súas augas ferruxinosas emerxen a unha temperatura constante duns 23 °C durante todo o ano e son coñecidas desde antigo polas súas propiedades terapéuticas. Convidan a deter o paso, mergullarte e deixar que a natureza faga o resto. Moi preto, un recoñecido hotel-spa ofrece unha experiencia de benestar completa, con circuítos termais, tratamentos con produtos naturais e a calma da campiña chairega como mellor compañía. Se buscas reconectar contigo, aquí o tempo detense e o corpo atopa o seu propio ritmo.
Vilalba late ao ritmo das súas tradicións, onde a cultura, a música e a celebración forman parte da súa esencia. No verán, cada parroquia celebra as súas festas patronais e, na capital do concello, as de Santa María e San Ramón enchen a vila de alegría a finais de agosto coa súa popular Xira Campestre. E se che apaixona a mellor música independente, en abril o FIV converte Vilalba nun dos destinos imprescindibles do calendario de concertos en España.
Vilalba late ao ritmo das súas tradicións, onde a cultura, a música e a celebración forman parte da súa esencia. No verán, cada parroquia celebra as súas festas patronais e, na capital do concello, as de Santa María e San Ramón enchen a vila de alegría a finais de agosto coa súa popular Xira Campestre. E se che apaixona a mellor música independente, en abril o FIV converte Vilalba nun dos destinos imprescindibles do calendario de concertos en España.
Descubre os nosos sabores
Proba o queixo San Simón da Costa, un delicioso queixo afumado con madeira de bidueiro que cada primavera celebra unha multitudinaria feira de exaltación onde poderás degustalo. En decembro achégate á Feira do Capón de Vilalba e descubre unha tradición que marca o inicio do Nadal. Déixate tentar polas carnes, meles, castañas e pans artesáns, e non marches sen probar o Roscón de Vilalba.
Aquí poderás desfrutar dunha variada oferta gastronómica de calidade. Unha cociña que une pasado e presente: receitas de sempre e propostas de autor que comparten un mesmo segredo —produtos locais e auténticos da
erra Chá.
Feira do Queixo San Simón da Costa
No Camiño Norte de Santiago
O Camiño Norte atravesa Vilalba ao longo de dúas etapas: a que chega desde Abadín, con final na capital do concello, e a que parte da vila de Vilalba cara a Baamonde, percorrendo o corazón da Terra Chá.
Ao seu paso, o peregrino descobre aldeas tranquilas, igrexas rurais, pontes de pedra e paisaxes que reflicten a vida cotiá do rural galego. En Vilalba, o descanso está asegurado: a vila conta con albergues e todo tipo de aloxamentos, incluído o Parador de Vilalba, situado na histórica Torre dos Andrade.
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}