Entre ríos, lagoas
e tradición

Entre ríos, lagoas e tradición

Ao sur da Terra Chá, Begonte ábrese nun espectacular paisaxe fluvial atravesado polos ríos Parga e Ladra. O seu territorio, salpicado de lagoas e zonas húmidas, acolle unha gran diversidade de aves e fauna autóctona que atopa refuxio entre prados, carballeiras e bosques de ribeira. Entre aldeas que conservan viva a arquitectura tradicional e paisaxes que respiran calma, o Camiño Norte de Santiago atravesa Baamonde, achegando historia, espiritualidade e encontro. E cando chega o inverno, Begonte transfórmase tamén nun escenario de luz e tradición grazas ao Belén Electrónico máis antigo de Galicia, que converte este recuncho chairego nun destino do Nadal imprescindible.

Qué ver

O patrimonio de Begonte garda séculos de historia espallados entre aldeas e parroquias que conservan intacta a súa esencia rural. Igrexas de orixe medieval, como a de Santiago de Baamonde, e santuarios de peregrinación como o de Saavedra destacan xunto a un valioso patrimonio arquitectónico e etnográfico formado por muíños tradicionais, caneiros, casas señoriais, igrexas e fontes de lendarias propiedades curativas, como as de Ximarás e Damil. Restos de castros, mámoas e construcións megalíticas, como a Pena dos Mouros —envolta en lendas—, completan unha viaxe pola memoria máis antiga do territorio.
Todo este legado enraíza na tradición centenaria dos canteiros locais, cuxos traballos en pedra deron forma a boa
parte da identidade material e estética da Terra Chá.

Orixes entre lendas

Segundo algunhas fontes, existe a hipótese de que o nome de Begonte poida ter a súa orixe nos Vocontii, unha antiga tribo celta asentada no val do Ródano. Dise que os seus guerreiros, aliados de Roma durante a conquista do noroeste peninsular, chegarían ata estas terras chairegas, onde algúns se estableceron atraídos pola fertilidade do territorio. Co paso do tempo, o seu nome tería perdurado na memoria do lugar, transformándose no topónimo actual.

Santiago de
Baamonde e o seu
castiñeiro milenario

A igrexa de Santiago de Baamonde, que ten a súa orixe no século IX, é un dos templos máis antigos do Camiño
Norte. No seu fermoso atrio érguese un calvario formado por tres cruceiros do século XVII e o célebre castiñeiro milenario, salvado en 1971 grazas ao escultor Víctor Corral, que esculpiu no seu interior unha pequena Virxe do Rosario, patroa da parroquia. Convertido desde entón nun monumento vivo, o castiñeiro garda entre as súas veas figuras e detalles tallados polo artista, transformando este recuncho nun dos lugares máis singulares de Begonte.

Capela de Ximarás

No lugar de Ximarás, dentro da parroquia de San Fiz de Cerdeiras, consérvase unha das xoias do patrimonio relixioso de Begonte. Esta capela podería ter a súa orixe no século XI e formar parte dun antigo mosteiro. Moi preto érguese un cruceiro singular, labrado nunha soa peza de pedra, un dos poucos de Galicia con esta característica. No entorno tamén brota a Fonte da Virtude, cuxas augas son consideradas milagrosas polas súas propiedades curativas.

Pena dos Mouros

A Pena dos Mouros, situada na parroquia de Donalbai, é un enigmático conxunto megalítico de Begonte formado por tres grandes piares de pedra sobre os que repousa unha lousa de varios metros de lonxitude. Este monumento, cargado de simbolismo, está rodeado de lendas que falan dos mouros, seres míticos da tradición galega, gardiáns de antigos tesouros e construtores sobrenaturais de castros e mámoas.

Pazo de Souto

O Pazo de Souto é un dos mellores exemplos de arquitectura señorial de Begonte. Construído no século XVI pola familia Vasco de Prada, conserva a súa torre, os muros de cachotaría e un entorno xardinado que reflicte o esplendor da nobreza rural galega. Hoxe atópase en proceso de adaptación ao seu próximo uso como espazo para eventos, co obxectivo de devolverlle a vida a este valioso conxunto histórico.

Muíño do Pan

O Muíño do Pan de Baamonde, situado ás beiras do río Parga, é un antigo muíño de presa rehabilitado como centro de interpretación do patrimonio etnográfico. Conserva a súa estrutura de pedra e lousa e permite coñecer de preto o
tradicional proceso de moenda, unha actividade esencial na vida rural da Terra Chá, integrándose ademais nun entorno recreativo de grande beleza natural.

Casa Museo Víctor Corral

A Casa Museo Víctor Corral, deseñada e construída polo propio escultor nado en Baamonde en 1937, é unha obra arquitectónica en si mesma. Construída ao estilo dun pazo galego, alberga no seu interior unha colección extraordinaria de esculturas en madeira, bronce e marfil, miniaturas e pezas monumentais creadas ao longo de máis de cincuenta anos. O seu xardín está salpicado de esculturas de granito e bronce, e o espazo integra capela, obradoiro e pombal, convertendo a visita nunha experiencia artística completa.

Paisaxes de auga

Toda a extensión de Begonte forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño, un territorio de referencia para a
conservación da biodiversidade e da paisaxe en Galicia. Ademais, o seu territorio está incluído na rede europea Natura 2000, que protexe tramos fluviais, ribeiras e humidais de grande valor ecolóxico. En Begonte, ríos como o Parga e o Ladra, lagoas e zonas húmidas creadas por antigas extraccións conviven con prados e bosques de ribeira que acollen aves migratorias e fauna autóctona. Neste entorno, a natureza convida a deterse, a observar e a vivir a experiencia da paisaxe chairega con todos os sentidos.

Lagoa de riocaldo

Arboretum de Galicia

Na parroquia de San Vicente de Pena atópase o Arboretum de Galicia, un espazo natural único que reúne centos de especies vexetais en máis de quince hectáreas de terreo. É membro de varias sociedades botánicas internacionais e forma parte da rede internacional Quiet Garden Movement, dedicada a xardíns e contornos que convidan ao silencio, á contemplación e á calma. ¿Apetéceche un baño de bosque? Este é o lugar perfecto para desfrutalo.

Pozo do Ollo

Os Ollos de Begonte son dúas lagoas de orixe kárstica e forma circular que constitúen un dos humidais máis singulares da Terra Chá. As súas augas, moi profundas e rodeadas de carballeiras e vexetación de ribeira, están envoltas en lendas que falan de mouros e tesouros ocultos, pero tamén de soldados franceses que, segundo a tradición, foron arroxados a elas durante a Guerra da Independencia.

Áreas de lecer

Os ríos son parte esencial da paisaxe e da vida en Begonte. Ao longo do Parga e do Ladra atópanse coidadas áreas recreativas que convidan ao descanso e ao contacto coa natureza, como os clubes fluviais de Begonte e de Baamonde, espazos realmente únicos para gozar da auga e da calma do entorno.

Ruta dos Anacos do Belén

Coñece Begonte a través da súa ruta escultórica Anacos do Belén. Cada unha das 19 parroquias de Begonte acolle unha gran talla de madeira realizada polo artista César Lorenzana, creada arredor do universo do Belén e da tradición rural chairega.

Ruta dos Caneiros

Ruta dos Anacos do Belén

Coñece Begonte a través da súa ruta escultórica Anacos do Belén. Cada unha das 19 parroquias de Begonte acolle unha gran talla de madeira realizada polo artista César Lorenzana, creada arredor do universo do Belén e da tradición rural chairega.

Cultura, festas
e gastronomía

En Begonte, as tradicións e a celebración forman parte da súa esencia. No verán, as festas parroquiais enchen de música e encontro as aldeas, mentres festivais como o 27373 traen ás beiras do Ladra o mellor da música galega actual. Entre as citas máis destacadas figura a romaría da Virxe dos Milagres de Saavedra, unha das peregrinacións relixiosas máis coñecidas de Galicia, que cada mes de maio reúne centos de devotos e visitantes arredor do seu santuario. E cando chega decembro, Begonte vístese de maxia co seu Belén Electrónico, todo un referente en Galicia, e co Mercado de Nadal, que enche o centro de luz, música e ambiente festivo.

A gastronomía, profundamente vencellada aos produtos locais, combina a esencia dos restaurantes tradicionais —onde se conserva o sabor auténtico da cociña da Terra Chá— con novos espazos que reinterpretan a tradición dende unha mirada contemporánea. En xullo, a Festa da Empanada, celebrada no Club Fluvial de Begonte, reúne veciños e visitantes para render homenaxe a un dos pratos máis emblemáticos de Galicia.

Cultura, festas e gastronomía

En Begonte, as tradicións e a celebración forman parte da súa esencia. No verán, as festas parroquiais enchen de música e encontro as aldeas, mentres festivais como o 27373 traen ás beiras do Ladra o mellor da música galega actual. Entre as citas máis destacadas figura a romaría da Virxe dos Milagres de Saavedra, unha das peregrinacións relixiosas máis coñecidas de Galicia, que cada mes de maio reúne centos de devotos e visitantes arredor do seu santuario. E cando chega decembro, Begonte vístese de maxia co seu Belén Electrónico, todo un referente en Galicia, e co Mercado de Nadal, que enche o centro de luz, música e ambiente festivo.

Romería da Virxe dos Milagros

A gastronomía, profundamente vencellada aos produtos locais, combina a esencia dos restaurantes tradicionais —onde se conserva o sabor auténtico da cociña da Terra Chá— con novos espazos que reinterpretan a tradición dende unha mirada contemporánea. En xullo, a Festa da Empanada, celebrada no Club Fluvial de Begonte, reúne veciños e visitantes para render homenaxe a un dos pratos máis emblemáticos de Galicia.

Romería da Virxe dos Milagros

Vén vivir o Nadal en Begonte

Visita o Belén de Begonte

O Belén Electrónico de Begonte é o gran símbolo do Nadal no concello e un dos máis emblemáticos de Galicia. Declarado de Interese Turístico de Galicia, atrae cada ano a milleiros de visitantes e converteu a Begonte nun referente cultural e emocional destas datas. Se visitas a Terra Chá no inverno, non o perdas: é unha experiencia máxica que emociona a grandes e pequenos por igual.

Mercado de Nadal

En decembro, a fin de semana previa ao Nadal, o Mercado de Nadal transforma o centro de Begonte nun punto de encontro cheo de luz, música e ambiente festivo. As rúas énchense de cor, os postos ofrecen artesanía, produtos locais e sabores de tempada, e o espírito do Nadal vívese en cada recuncho. Xunto co Belén Electrónico, converte a Begonte nun lugar cheo de vida e maxia, onde a tradición se mestura coa ledicia das festas.

No Camiño Norte de Santiago

O Camiño Norte atravesa o concello de Begonte pola parroquia de Baamonde, convertendo os seus vales e ribeiras en parte esencial dunha das rutas xacobeas máis antigas. Nesta etapa atópase o quilómetro 100 ata Santiago, un punto simbólico para os peregrinos que emprenden o último treito cara a Compostela. No corazón de Baamonde érguese a igrexa de Santiago, un dos templos máis antigos do Camiño, cuxo atrio, con tres cruceiros e o castiñeiro milenario tallado por Víctor Corral, conforma un dos recunchos máis emblemáticos e fotografados do itinerario.

Ademais, unha ruta complementaria ofrece un percorrido alternativo pola ribeira do río Parga, pasando polo Muíño do Pan e adentrándose en bosques de grande beleza que, sen dúbida, paga a pena descubrir.