Natureza, patrimonio e
Camiño de Santiago
Natureza, patrimonio e
Camiño de Santiago
Entre a Serra do Xistral e as chairas da Terra Chá, Abadín
ábrese como un territorio de paisaxes amplas, aldeas con
historia e natureza en estado puro. Rutas, áreas recreativas
e un valioso patrimonio rural amosan a esencia das súas
raíces. O Camiño Norte de Santiago atravesa bosques e
sendeiros onde descubrirás capelas, cruceiros e xoias como
a igrexa románica de Santa María. Déixate levar polos seus
camiños, vive tradicións centenarias como a Feira de Santos
e goza dun lugar onde a natureza e a vida rural seguen
marcando o ritmo.
Qué ver
Abadín é moito máis ca a porta de entrada á Terra Chá. Aquí, as montañas do Xistral e os altos da Xesta e do Cordal de Neda rompen a chaira e anuncian unha paisaxe chea de historia, lendas e sorpresas. Neste concello, historia e tradición camiñan da man. Poderás seguir o rastro case perdido dos antigos castros de Moncelos e Baroncelle, ou das mámoas de Romariz e Fanoi, e deterteante a fermosa igrexa románica de
- ¿Sabías que o nome do concello podería vir dun antigo abade recadador de tributos, alcumado o Abadín, ao que un veciño acabou axustizando farto dos seus abusos? Ou que as lendas contan que unha escaleira de ouro unía o castro de Vilarente co dos Cucos, na Pastoriza?
Cruceiro do século XVIII conservada no atrio da igrexa de Santa María de Abadín
Igrexa de San Martiño de Galgao
En Galgao, a devoción a San Cosme conta con séculos de historia. Durante moito tempo foi venerado nunha pequena ermida situada nunha zona boscosa ao nordeste, da que hoxe só se conservan restos. A actual igrexa parroquial, dedicada a San Martiño e San Cosme, no barrio da Xesta, celebra cada 27 de setembro a coñecida romaría de San Cosme, unha das máis populares da contorna.
Nun dos laterais da igrexa de San Martiño, tras unha pequena tapa de madeira circular, agóchase unha curiosa abertura que permite deixar unha esmola mesmo cando o templo está pechado e desde a que se pode ver o altar da igrexa.
Aula Etnográfica Molino de Corvite
En Abadín podes visitar o Muíño de Corvite, un antigo muíño restaurado que hoxe funciona como aula etnográfica. É unha parada perfecta para coñecer como se aproveitaba a forza da auga na vida rural, como funcionaban estes enxeños tradicionais e como era o día a día de quen os empregaba. Forma parte dunha ruta que percorre varios muíños da zona, así que, se che gusta a etnografía, a natureza ou simplemente pasear con historia, non o perdas.
Abadín forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño e atópase tamén dentro do espazo protexido Rede Natura 2000 Parga–Ladra–Támoga.
No seu territorio érguense as primeiras estribacións da
Área Recreativa de Gontán A Roxica
Á carón do río Labrada, en Gontán, atópase a área recreativa de Gontán, coñecida como A Roxica. Se viaxas con nenos, esta parada é case obrigatoria: unha fermosa piscina natural con zona de baño, parque infantil, pista de pádel, merendeiros e espazos de descanso entre carballos e pradeiras convidan a gozar dun día completo en plena natureza.
Abadín mantén vivas as súas tradicións a través de romarías, feiras e festivais que reflicten a esencia do mundo rural galego. En Gontán, as feiras do primeiro e terceiro sábado de cada mes son punto de encontro para produtores e visitantes, e citas como Expogrelo ou a Feira dos Santos reúnen á veciñanza arredor da gastronomía e da música popular. A romaría de San Cosme da Montaña, a máis emblemática da comarca, e o festival Rumboia Viva completan un calendario festivo que combina devoción, cultura e ledicia compartida.
A gastronomía local baséase nos excelentes produtos da terra. A cociña tradicional segue viva en cada casa e nos fogóns dos restaurantes do concello, con produtos de tempada como os grelos, as carnes de porco e tenreira galega, os embutidos caseiros ou sobremesas de sempre como as filloas e o requeixo.
Abadín mantén vivas as súas tradicións a través de romarías, feiras e festivais que reflicten a esencia do mundo rural galego. En Gontán, as feiras do primeiro e terceiro sábado de cada mes son punto de encontro para produtores e visitantes, e citas como Expogrelo ou a Feira dos Santos reúnen á veciñanza arredor da gastronomía e da música popular. A romaría de San Cosme da Montaña, a máis emblemática da comarca, e o festival Rumboia Viva completan un calendario festivo que combina devoción, cultura e ledicia compartida.
A gastronomía local baséase nos excelentes produtos da terra. A cociña tradicional segue viva en cada casa e nos fogóns dos restaurantes do concello, con produtos de tempada como os grelos, as carnes de porco e tenreira galega, os embutidos caseiros ou sobremesas de sempre como as filloas e o requeixo.
Romaría de San Cosme da Montaña
Se hai unha cita que nunca falla é a romaría de San Cosme da Montaña, que cada 27 de setembro reúne na igrexa de San Martiño de Galgao a centos de persoas nunha celebración que se remonta, cando menos, ao século X.
ExpoGrelo
Se vés a finais do inverno, non podes perder Expogrelo, unha feira na que o grelo é o auténtico protagonista. E sí, quererás probalo en todas as súas formas!
E se che vai a música en directo e o bo ambiente, toma nota…
Cada xuño, Abadín énchese de ritmo con Rumboia Viva, un festival feito con agarimo pola mocidade local que aposta por grupos galegos, actividades ao aire libre, mercado, obradoiros e moitas ganas de pasalo ben. Todo debalde e nun entorno natural perfecto para desconectar e gozar sen presas. Non o perdas!
No Camiño Norte de Santiago
O tramo que atravesa este concello ten uns 20 km e forma parte dunha das etapas máis amables e fermosas de todo o Camiño. O percorrido discorre entre prados infinitos, bosques, aldeas tranquilas e antigas pontes como a de Pontevella, que aínda garda o eco de milleiros de peregrinos que a cruzaron antes ca ti. Ríos, vacas que saúdan dende a beira do camiño e o verde sen fin da Terra Chá acompañan os teus pasos.
É unha ruta ideal para gozar do entorno sen présas. Se precisas facer unha pausa, Gontán é o lugar perfecto para repoñer forzas, descansar na súa área recreativa ou coller folgos antes de continuar rumbo a Santiago.
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}