Retorno ás orixes
Retorno ás orixes
Entre outeiros suaves e prados infinitos, Castro de Rei convídate a conectar coa Galicia máis auténtica. Aquí o pasado séntese vivo no lendario Castro de Viladonga, mentres a vida rural segue marcando o pulso dun territorio tranquilo e verde.
Perderse polos seus camiños é viaxar no tempo: murallas que murmuran lendas, aldeas que conservan o seu encanto, ríos que acompañan cada paso. Un lugar perfecto para desconectar, camiñar sen présas e deixar que a natureza te envolva.
Terra de castros, de pazos e de horizontes abertos, Castro de Rei agárdate para que te mergulles na súa historia e na súa paisaxe.
Qué ver
Castro de Rei conserva pegadas de todas as épocas: desde os antigos poboados castrexos ata os pazos e casas solariegas que salpican a súa paisaxe rural. O gran protagonista é o Castro de Viladonga, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de Galicia, acompañado polo seu magnífico Museo, que permite viaxar ao pasado e descubrir como vivían os antigos galaicos.A vila de Castro de Rei, declarada Conxunto Histórico e Paraxe Pintoresca, mantén a pegada do seu antigo castro e fortaleza, orixe do propio municipio. Ao seu redor, aldeas, pazos, igrexas, sendeiros e pontes de pedra completan un percorrido por un territorio onde o tempo semella deterse.
Castro de
Viladonga
e Museo
Castro de Viladonga e Museo
Nun outeiro que domina a Terra Chá, o Castro de Viladonga mergúllate no mundo galaico-romano. Recorre as súas murallas e vivendas circulares, e descubre no seu Museo monográfico os obxectos atopados no xacemento: cerámicas, xoias, moedas e utensilios que revelan como se vivía aquí hai máis de 1.500 anos. Podes visitalo todo o ano, con entrada libre e de balde.
Vila histórica de Castro de Rei
O corazón do municipio latexa nesta vila declarada Conxunto Histórico e Paraxe Pintoresca. Sobre as antigas defensas do castro e da fortaleza medieval naceu un núcleo que aínda conserva a súa esencia: arquitectura tradicional, casas solariegas e recunchos cheos de historia. Percorre as súas rúas e descubre a orixe de Castro de Rei.
Monumento al Sagrado Corazón
Na cima de Santa Leocadia érguese o impoñente monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, con 14 metros de altura. Algúns historiadores identifican este lugar co mítico Monte Medulio, escenario lendario das loitas entre romanos e pobos galaicos. Unha ruta curta e simbólica, marcada por un Viacrucis, ascende desde a igrexa parroquial ata a cume.
Molino de Veiga da Acea
Xunto ao río, este muíño tradicional conserva toda a súa maquinaria orixinal e pode poñerse en marcha igual ca hai máis dun século. Coidado con esmero polo seu propietario, mantén viva a memoria do traballo e da vida rural en Castro de Rei.
Ponte de Duarría
Sobre o río Vello érguese esta pequena ponte de pedra, cun arco de medio punto e calzada empedrada. Considérase de
Castro de Rei está situado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, que abrangue numerosos humidais, ríos e formacións forestais protexidas. Boa parte destes ecosistemas están incluídos na Rede Natura 2000, o que garante a súa conservación e converte o municipio nun destino natural de primeiro nivel.
Descubre a sorprendente diversidade de fauna de lagoas como a de Caque, onde poderás observar aves desde a súa
Lagoa de Caque
Destaca como un ecosistema singular. Arrodeada de nenúfares, espadanas, salgueiros e carballos, é hábitat de aves invernantes como patos ou garzas e fogar de anfibios e réptiles.
Club Fluvial do Río Azúmara
En Castro de Rei, o río Azúmara é un remanso de calma xunto ao cauce, con merendeiros, zonas de baño, parque biosaudable e sendeiros entre arborado. Outras zonas fluviais, como a Área Recreativa do Lea, conforman espazos perfectos para descansar e camiñar ao aire libre.
Castro de Rei latexa con tradicións fondamente vivas. Todos os mércores, a súa feira de Castro Riberas de Lea, e en domingos alternos a de Castro de Rei, reúnen produto local, encontros entre veciños e centos de visitantes e, sobre todo, moito sabor ao tradicional polbo á feira. Ao longo do ano, a Expo Galiña de Mos, que homenaxea a recuperación desta prezada raza autóctona, a Festa da Malla e outros eventos converten o municipio nun escenario de celebración, memoria e lecer. Descubre as súas datas, mergúllate no seu ambiente e déixate tentar polos aromas do rural en cada feira e festa.
Castro de Rei latexa con tradicións fondamente vivas. Todos os mércores, a súa feira de Castro Riberas de Lea, e en domingos alternos a de Castro de Rei, reúnen produto local, encontros entre veciños e centos de visitantes e, sobre todo, moito sabor ao tradicional polbo á feira. Ao longo do ano, a Expo Galiña de Mos, que homenaxea a recuperación desta prezada raza autóctona, a Festa da Malla e outros eventos converten o municipio nun escenario de celebración, memoria e lecer. Descubre as súas datas, mergúllate no seu ambiente e déixate tentar polos aromas do rural en cada feira e festa.
Feira de Castro Riberas de Lea
Achégate un mércores á Feira de Castro Riberas de Lea e vive a experiencia do polbo á feira coma en ningún outro lugar.
Expo Galiña de Mos
En outubro, a parroquia de San Xiao de Mos acolle a Expo Galiña de Mos, unha xornada adicada á emblemática raza avícola galega. Exposición de exemplares, degustacións, concursos e actividades familiares enchen de vida esta cita que une tradición rural e gastronomía.
Criterium Aeronáutico de Galicia
Ademais dos cursos e de todo tipo de actividades aéreas que poden realizarse desde o Aeródromo de Rozas, as súas instalacións convértense cada verán nun punto de encontro para pilotos, entusiastas e curiosos do mundo da aviación. Entre as exhibicións e propostas do Criterium Aeronáutico, aquí podes vivir experiencias inesquecibles: saltos en paracaídas, voos de iniciación ou bautismos aéreos sobre a paisaxe infinita da Terra Chá. Atréveste?
Criterium Aeronáutico de Galicia
Ademais dos cursos e de todo tipo de actividades aéreas que poden realizarse desde o Aeródromo de Rozas, as súas instalacións convértense cada verán nun punto de encontro para pilotos, entusiastas e curiosos do mundo da aviación. Entre as exhibicións e propostas do
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}
Vén descubrir Castro de Rei
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}
Vén descubrir Castro de Rei