Planifica a túa viaxe por A Terra Chá con calma, sen présas. Aquí o tempo vívese doutra maneira. Estes consellos axudarante a moverte, gozar e vivir plenamente a experiencia de descubrir este territorio único.
O primeiro… descubre onde estamos
A Terra Chá, situada ao norte da provincia de Lugo, é a comarca máis extensa de Galicia e unha singularidade dentro da súa xeografía: unha paisaxe ampla, suave e aberta nunha terra de montañas. Aquí, os horizontes esténdense entre pradeiras fértiles, ríos como o Miño, o Ladra ou o Támoga, e un valioso mosaico de humidais e lagoas protexidas, rodeadas cara o norte por serras como a do Xistral, con paisaxes de turbeiras únicos en Europa.
Este territorio está formado por dez concellos principalmente agrícolas e gandeiros, que combinan natureza, patrimonio e vida rural auténtica. A súa situación central e as boas comunicacións pola A-6 e a A-8 convértena nunha comarca ideal para vir descubrila ao completo.
Cómo chegar e moverte
A Terra Chá está situada en Galicia, en el corazón de la provincia de Lugo y cuenta con excelentes comunicaciones por carretera. La autovía A-6 (Madrid–A Coruña) atraviesa la comarca y enlaza en Baamonde (Begonte) con la A-8, que recorre el norte de España desde Galicia hasta el País Vasco.
Desde o Aeroporto da Coruña (LCG): aproximadamente 78 km e uns 50-60 minutos en coche ata Vilalba, capital da comarca.
Desde o Aeroporto de Santiago de Compostela (SCQ): arredor de 90 km, cun tempo estimado de condución duns 70 minutos.
Hai conexión en transporte público coas principais cidades galegas a través de Lugo, aínda que os servizos cara aos concellos da Terra Chá son menos frecuentes, polo que é recomendable planificar a viaxe con antelación.
Se dispós de coche, é a opción máis cómoda para descubrir recunchos, miradoiros, áreas recreativas e aldeas espalladas. Dentro da comarca, as distancias entre concellos son curtas, o que permite moverse sen présas e gozar do entorno con tranquilidade.
Cando vir
Cada estación ofrece unha experiencia diferente: a primavera e o outono son ideais para facer rutas e descubrir unha natureza en plena explosión de cores; o verán, para gozar das festas, das áreas fluviais e das actividades ao aire libre; e o inverno, para sentir a xistra, ese vento húmido e xélido que sopra nos agrestes montes do Xistral, perderte entre a néboa que cobre as chairas ou gozar do Nadal chairego.
Calquera momento é perfecto para achegarte e coñecer A Terra Chá!
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}
otoño outono fall
Onde aloxarte
A comarca ofrece unha ampla variedade de aloxamentos para todo tipo de viaxeiros: hoteis, casas rurais con encanto e pequenos hostais.
Tamén poderás relaxarte no Gran balneario de Guitiriz e no Hotel Spa de Vilalba, rodeados de calma e natureza.
En Vilalba, capital comarcal, o Parador Nacional, situado na histórica Torre de Andrade, ofrece un espazo único que combina aloxamento con historia e gastronomía galega de calidade.
Se estás a percorrer o Camiño do Norte de Santiago, atoparás albergues públicos e privados distribuídos ao longo das etapas que cruzan a comarca, ademais de pensións e hostais con servizos adaptados ás túas necesidades.
Os concellos de Castro de Rei, Guitiriz, Muras e Vilalba dispoñen de áreas para autocaravanas. Consulta en cada concello para máis información.
No concello de Guitiriz atoparás ademais a área de cámping O Mesón, aberta de xuño a setembro.
Respeta o
entorno natural
A Terra Chá forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Estás nunha comarca viva, agrícola e gandeira. Goza das paisaxes dende os camiños habilitados, sen cruzar a fincas privadas nin a pastos pechados. O teu respecto é clave para manter o equilibrio entre o turismo e a natureza e a vida local.
Observa sin perturbar. Las aves de los humedales forman parte de un ecosistema delicado. Para disfrutar de su presencia sin alterar su comportamiento, obsérvalas desde la distancia y utiliza telescopio o prismáticos.
Sigue las rutas señalizadas. Muchas rutas cuentan con señalización oficial. Camina con seguridad siguiendo los senderos indicados, especialmente en zonas naturales protegidas.
Sé sostible
Aproveita para coñecer e mercar os produtos da Terra Chá nas tendas, prazas de abastos, feiras e mercados locais. Con este xesto non só estarás adquirindo produtos de calidade excepcional, senón que tamén estarás apoiando unha forma de vida auténtica que dá sentido a esta terra.
Viaxa de maneira sostible. Reduce os teus residuos e deposítaos nos contedores axeitados.
Escolle experiencias que respecten o medio. Pequenos xestos marcan unha gran diferenza.
Non esquezas
Calzado cómodo e algo impermeable: os camiños, pradeiras e sendeiros poden estar húmidos.
Roupa por capas: aínda que no verán pode haber momentos de calor, en xeral o clima é suave pero cambiante. Se vés no inverno, trae roupa de abrigo e impermeable, especialmente se visitas os concellos máis montañosos.
Trae a túa cámara ou prismáticos se che interesa a observación de aves e fauna silvestre ou simplemente gozar da paisaxe con máis det
E, sobre todo… coñece á nosa xente e descubre o que non che contan as guías
Cando camiñes polos sendeiros, párate un intre e anímate a saudar e falar con quen te atopes polo camiño.
Coñecerás homes e mulleres de carácter hospitalario e amable, sempre dispostos a contar unha historia, a compartir a memoria dun lugar ou unha costume que aínda perdura. Relatos que non atoparás nos libros, pero que gardan a alma máis verdadeira desta terra.