Paisaxes infinitas, historia viva e tesouros por descubrir
Recorrer A Terra Chá es adentrarse en una Galicia menos conocida, auténtica y sorprendente. Cada concello ofrece una mirada distinta al territorio. Desde el emblemático Castro de Viladonga en Castro de Rei hasta joyas del románico como Santa María de Abadín, la comarca está salpicada de fascinantes elementos de patrimonio histórico a la espera de ser descubiertos. En Cospeito, as lagoas conforman un dos mellores espazos de observación de aves de Galicia, mentres que A Pastoriza amosa toda a súa beleza no coidado entorno do nacemento do río Miño. Riotorto mantén viva a tradición do ferro en lugares como o conxunto etnográfico de Ferreiravella, e Vilalba conserva o seu legado medieval en rúas e prazas dominadas pola Torre dos Andrade. Guitiriz preserva a súa histórica vocación termal co seu coñecido balneario e fontes medicinais, e Begonte convida a gozar das súas paisaxes fluviais, das súas áreas de ribeira e dun Nadal único. En Muras, a natureza móstrase en estado puro na Serra do Xistral, mentres que Xermade sorprende co espectacular Miradoiro de Goía, que ofrece unha das vistas máis amplas de Galicia. E, ademais, o Camiño Norte de Santiago atravesa catro dos seus concellos, unindo patrimonio, espiritualidade e paisaxe nun percorrido que emociona a quen o camiña.
Descubre os nosos impresionantes espazos naturais
A Terra Chá é paisaxe en estado puro. Chairas infinitas, humidais, ríos e montes onde pacen ceibos os cabalos salvaxes configuran un territorio no que a natureza se mostra na súa forma máis auténtica. As lagoas de Cospeito e Caque, o nacemento do Miño en A Pastoriza ou a Serra do Xistral, cos seus espectaculares sistemas de turbeiras que acollen un dos maiores reservorios de CO₂ de Europa, son só algúns dos espazos que definen a súa identidade.
Descubre un lugar onde historia e lenda se entrelazan, e as raíces celtas seguen dando alma á terra.
Aquí a historia vive na paisaxe, nas pedras e nas voces. A Terra Chá conserva un valioso legado que abrangue desde monumentos megalíticos e mámoas ata antigos castros, camiños romanos, igrexas románicas e pazos señoriais. En toda a comarca poderás atopar pegadas dos primeiros asentamentos e coñecer espazos que foron chave na evolución da Galicia interior
O pasado descóbrese tamén nos restos de fortalezas, nas pontes centenarias, nos vellos muíños á beira do río e, por suposto, nos numerosos exemplos da súa espléndida arquitectura tradicional. Igrexas, cruceiros, hórreos, casas…todo un entramado de memoria rural que se mantén vivo e accesible para que o goces percorréndoo.

Coñece os fíos que tecen a identidade cultural da Terra Chá
Visita os museos e centros de interpretación da comarca
Percorre os espazos que conservan a memoria, a artesanía, as tradicións e o patrimonio histórico e natural da Terra Chá. Cada museo achégate á esencia desta terra e ás historias que a fan única.
Sinte a alma da Terra Chá nas súas festas, feiras e mercados
Romerías como San Cosme de Abadín ou Os Milagros de Begonte, feiras centenarias como a Feira de Santos de Gontán ou as tradicionais feiras mensuais de Castro Riberas de Lea ou Parga, en Guitiriz, forman parte das tradicións chairegas máis fondas en cada concello. Son espazos de celebración e encontro para veciños e visitantes que paga a pena coñecer.
Explora as raíces artesás da Terra Chá
O saber facer transmitido durante séculos por xeracións de artesáns segue vivo e visible en moitos dos lugares que podes visitar na Terra Chá. Aquí aínda se respira o arrecendo
Las creaciones de los artesanos y artesanas de hoy también pueden descubrirse en las ferias que se celebran por toda la comarca, donde tradición, innovación y talento local se encuentran para mantener viva una identidad en constante evolución. Mantente al día en Agenda y visita nuestras ferias de artesanía.
Novas expresións como a arte urbana transforman muros e fachadas do noso territorio en auténticas galerías ao aire libre. Os murais repartidos por distintos concellos reflicten a identidade chairega cunha ollada nova e actual, conectando tradición e modernidade nun mesmo paisaxe.
Pasea polas nosas rúas e descúbreos!