Entre serras, pradeiras e patrimonio rural
Entre serras, pradeiras e patrimonio rural
En Xermade descubrirás un territorio que conserva intacta a esencia rural da Terra Chá. Entre suaves chairas e as serras da Carba e da Loba, a paisaxe ábrese en verdes infinitos, aldeas de pedra e camiños que convidan a percorrelos sen présa. Aquí, natureza e tradición van da man: muíños, igrexas e antigos castros falan dun pasado vivo, mentres o presente se respira no traballo do campo e na hospitalidade da súa xente. Xermade é un destino para baixar o ritmo, reconectar co esencial e deixarte envolver pola serenidade dunha Galicia que aínda latexa ao compás da terra.
Qué ver
Antes de te adentrares nos seus sendeiros e paisaxes, paga a pena deterte no patrimonio que dá forma á identidade de Xermade. Nas súas parroquias atoparás pegadas que contan séculos de historia, como a
Cruceiro do
Cristo Enxoito
No centro de Xermade, xunto ao edificio do Concello e ao carón da igrexa de Santa María —cuxo atrio luce unha árbore espectacular— érguese o singular Cruceiro do Cristo Enxoito, unha peza única do patrimonio galego. A súa cruz, protexida por un curioso “chapeu” de pedra pensado para resgardar as figuras do sol e da chuvia, converte este cruceiro nunha das xoias máis orixinais da Terra Chá e nunha parada imprescindible para quen goza descubrindo os pequenos tesouros da viaxe.
Escola Habanera de Roupar
Construída comezos do século XX por emigrantes que quixeron ofrecerlle aos seus veciños a educación que eles non puideron ter, esta edificación singular combina elegancia e memoria, e hoxe segue viva como centro sociocultural.
Igrexa de Santo André de Lousada
A igrexa de Santo André é unha xoia inesperada na paisaxe rural de Xermade. Deseñada polo arquitecto Rodolfo Ucha, este templo modernista dos anos 60 —proxectado orixinalmente para Ferrol— destaca polo seu sorprendente mosaico multicolor e o seu aire vangardista, pouco común no rural galego. A súa presenza resulta tan insólita como hipnótica: unha obra que rompe esquemas e converte Lousada nun destino para curiosos e amantes da arquitectura singular.
Restos da antiga igrexa de Cabreiros
En Cabreiros consérvanse os restos da antiga igrexa parroquial, situados nunha pequena praza que mantén viva a súa memoria. Os arcos e fragmentos do altar pertencen ao antigo templo construído entre os séculos XVI e XVIII.
Sotavento
No límite entre Xermade e Monfero érguese o Parque Eólico Experimental de Sotavento, un referente en Galicia en materia de enerxías renovables. Este espazo combina divulgación, investigación e sustentabilidade, ofrecendo visitas guiadas que permiten coñecer de preto como o vento se transforma en enerxía. Achégate e déixate sorprender.
Xermade é terra de contrastes: das chairas amplas e silenciosas propias da Terra Chá ás cumes que dominan o horizonte desde a Serra da Carba. A súa paisaxe, protexida dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño e da Rede Natura 2000, combina zonas húmidas e fértiles con montes que acadan alturas espectaculares.
Nas partes baixas, a vida flúe tranquila entre ríos, prados e lugares como a Charca de Patelos, onde brotan augas termais; mentres que no alto, o Miradoiro do Castelo de Goía regala unha panorámica inmensa que une ceo e terra. Xermade é equilibrio: a calma do val e a forza do vento na montaña.
Miradoiro e Área Recreativa
do Castelo de Goía
Cultura, Festas e Gastronomía
En Xermade a vida celébrase con feiras, encontros e boa mesa. A parroquia de Momán revive cada terceiro domingo de mes a súa antiga feira mensual, que data de 1760, cando chegaban compradores de toda a comarca para trocar e vender gando e produtos do campo. No centro de Xermade tamén se celebra a súa feira local os primeiros xoves de cada mes. Pero se hai unha cita que destaca é o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, un evento que cada ano converte Xermade nun punto de encontro para artesáns e amantes da madeira de todo o mundo, con obradoiros, exposicións e demostracións en directo.
A gastronomía aquí baséase en produtos de proximidade e receitas tradicionais galegas elaboradas coas carnes de excepcional calidade da comarca, verduras, pan de aldea, embutidos e sobremesas caseiras.
En Xermade a vida celébrase con feiras, encontros e boa mesa. A parroquia de Momán revive cada terceiro domingo de mes a súa antiga feira mensual, que data de 1760, cando chegaban compradores de toda a comarca para trocar e vender gando e produtos do campo. No centro de
A gastronomía aquí baséase en produtos de proximidade e receitas tradicionais galegas elaboradas coas carnes de excepcional calidade da comarca, verduras, pan de aldea, embutidos e sobremesas caseiras.
En Xermade, a vida cultural tamén latexa grazas ao impulso veciñal. Asociacións como a de Cabreiros manteñen viva a creatividade e o encontro con propostas como a Invernada de Cine, que cada ano transforma o inverno nunha cita coa arte cinematográfica. Unha iniciativa que reforza o papel de Xermade como referente cultural na Terra Chá.
En Xermade, a vida cultural tamén latexa grazas ao impulso veciñal. Asociacións como a de Cabreiros manteñen viva a creatividade e o encontro con propostas como a Invernada de Cine, que cada ano transforma o inverno nunha cita coa arte cinematográfica. Unha iniciativa que reforza o papel de Xermade como referente cultural na Terra Chá.
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}
Clouds: {{current_weather.clouds}}%
Wind ({{current_weather.wind.deg}}): {{current_weather.wind.speed}}{{units_wind}}